Sunday 28 de April de 2024

Alternativa de Cambre celebra os avances do Concello para zonas verdes no Mero


As reiteradas denuncias do grupo municipal de Alternativa do Veciños axudan a impulsar que o Goberno municipal, tras 8 anos de bloqueo, anuncie a construción de tres zonas verdes no paseo fluvial.

Tras a demanda por diferentes medios do grupo municipal para desbloquear a construción de novos espazos verdes en Cambre, parece que chega a resposta co anuncio do goberno municipal a escasos tres meses das eleccións municipais.

O compromiso do Señor Patiño e o seu grupo pasaba por 58.000 metros cadrados na zona do Noceiro e 25.000 metros cadrados na Barcala, dos cales nada se sabe. Salvo a exposición na sesión plenaria de xaneiro por parte do concelleiro de urbanismo, Juan Leirós afirmando que “entendemos que van ben, en marcha, a verdade é que sen presas, pero sen pausas.”

Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre, cuestiona que “se non se insiste coa persistencia de Alternativa e coa casuística da proximidade das eleccións, o goberno municipal faría algo?”.